NORMAS DE CLASE
- Ser Puntuais.
- Traer o material de traballo.
- Preguntar durante a clase levantando a man previamente.
- Pensar o que se vai a preguntar antes de pedir a palabra.
- Facer preguntas relacionadas co tema que se estea a tratar.
- Non levantarse do noso posto salvo casos de extrema necesidade, e pedir permiso para facelo.
MATERIAL
- Libro de texto.
- Bolígrafo azul ou negro, vermello e lapis.
- Goma de borrar e afía.
- Caderno cuadriculado tamaño A4, con nome e apelidos na parte exterior.
- Carpeta de laboratorio.
- Memoria USB (opcional pero recomendable)
DESENVOLVEMENTO DA CLASE
- Terán unha duración de 50 minutos aproximadamente.
- Os primeiros 5 minutos dedicaranse a preparar a área de traballo, dispoñendo de todo o material necesario: libro, bolígrafos e caderno basicamente. Neste tempo poderemos comentar cos nosos compañeiros máis próximos calquera incidencia, mantendo sempre a orde (sen levantarse do noso sitio e se falar en voz alta)
- Os seguintes 30-35 minutos dedicaraos o profesor a desenvolver os contidos programados para ese día mediante explicacións, vídeos, actividades interactivas, etc.
- Durante os últimos 10-15 minutos o alumno poderá dedicarse a facer as actividades propostos ese día ou rematar aquelas que teña pendentes de sesións anteriores. Tamén será o memento de aclarar dúbidas co profesor sobre a materia tratada ou exercicios de sesións anteriores que aínda estean pendentes de corrixir.
A WEB DO CENTRO
- Podemos acceder á web do centro no enderezo http://www.artai.org
- Na sección de “Alumnos” disporemos de diferentes recursos que nos axudarán a desenvolver as actividades.
- Dentro de “Alumnos” temos a opción “Diario”, onde poderemos consultar as actividades propostas na aula, coa data de inicio e remate das mesmas.
- Na sección “Materias – Bioloxía Xeoloxía” poderemos consultar e descargar fichas de actividades, resumes e esquemas de clase. No apartado de traballos publicarase información sobre os traballos a desenvolver e quedarán expostos aqueles xa rematados durante este curso e os anteriores.
- Toda a información dispoñible na web poderá solicitárselle ao profesor por aqueles alumnos aos que lle sexa imposible acceder á web.