FAMILIAS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO PARA O CURSO 2023-2024

A orde de 10 de maio do 2023 (ver DOG de 19 do maio) regula a participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria, e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria, Secundaria e E.E.

Pódense recoller os impresos de solicitude (Anexo I e Anexo II) nas oficinas do centro en horario de 10 a 13 horas. Tamén se poderán descargar premendo no enlace da dereita.

FONDO SOLIDARIO

Para todo o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

AXUDAS PARA LIBROS

Para 1º e 2º de Educación Primaria.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e Secundaria

REQUISITOS

a) Estar matriculado no curso 2022-2023 nos niveis citados e non repetir curso académico.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €.

SOLICITUDES

a) Presentarase unha solicitude independentemente do número de alumnos polos que se solicita.
b) Xunto coa solicitude (anexo I) debidamente asinada polo pai/nai/titor do alumno deberá presentarse a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, donde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador donde conste a atribución da custodia do/da menor. - En caso de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33 %, certificado emitido polo órgano competente.
- Documentación acreditativa de pensión de incapacidade ou da condición de pensionista de clases pasivas.

AXUDAS

A cuantía das axudas é a seguinte:
Educación Primaria 1º e 2º

o Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 240 €.
o Renda entre 6.000,01 e 10.000,00 €: 160 €.
o Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta: 240 €.
o Alumnado con discapacidade superior ao 65%: 300 €.

Material escolar

o 75 € para as familias con renda per cápita familiar inferior ou igual a 6.000,00 €.
o 60 € para as familias con renda per cápita familiar superior a 6.000,00 € e igual ou inferior a 10.000 €.


Enténdese por renda per cápita familiar a suma de todas as rendas da unidade familiar divididas entre o número de membros computables. Terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2021 e o exercicio fiscal 2021. A efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 460 e 435 da declaración.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 21 DE XUÑO