O GRANITO
O granito é unha rocha ígnea holocristalina, composta esencialmente por seixo,micas e feldespato potásico, tendo como minerais accesorios frecuentes: circón, apatita ou anfíbolos.
O granito é unha rocha empregada coma pedra ornamental e na construcción. A súa densidade é de 2700 kg/m.
CARACTERÍSTICAS:
A composición mineralóxica dos “granitos” é así definida por asociacións moi variables de seixo, feldespato, micas e anfíbolos. Algúns deses constituíntes poden estar ausentes en determinadas asociación mineralóxicas.
Macroscopicamente: o seixo é recoñecido como o mineral incoloro ou afumado.
Os feldespatos; son os principais balizadores do padrón cromático das rochas silicáticas.
A cor negra variablemente impregnada na matriz das rochas silicáticas é conferida polos minerais máficos.
Nos granitos máis claros, polo tanto con menor cantidade de minerais, o seixo e o feldespato compoñen normalmente entr o 85% e 95% da rocha.
NA CONSTRUCCIÓN:
Para o sector de rochas ornamentais e de revestimento, o termo granito designa un amplo conxunto de rochas ígneas.
En Galicia prácticamente toda a construcción pétrea está feita con granito, tamén chamado pedra de gra; ás veces combinando con muros de xisto. Denomináse cantaría cando o muro está formado por bloques regulares e ben labrados denomínados perpiaños, típico na construcción culta. Ou nos cantos e linteis das construcción populares. Cando o muro se constrúe con pezas irregulares falamos de cachotas.