AS ROCHAS DA TERRA

RIOLITA
A riolita é unha rocha ígnea extrusiva,volcánica félsica,de cor gris e avermellado
cunha textura de grans finos ou ás veces tamén vidro e unha composición química
moi parecida á do granito. A riolita orixínase de magma que sae durante as
erupcións volcánicas a temperaturas de 700-850ºC.

A súa textura débese ao curto período que tivo para a cristalización.
A riolita é un tipo de rocha bastante común,aínda que aparece en volumes moito menores que o basalto.

Hernández Rama Sasha