MÁRMORE
O mármore é unha rocha metamórfica compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións acadan un alto grao de cristalación.
O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, e o seu contido supera o 90%. Os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan
a grande variedade de cores nos mármores e definen as súas características físicas.
Hai diversas cores de mármore pero as máis habituais son: branco, marfil, gris, negro, amarelo, vermello e verde.
Componse o 95% de calcita, e o outro 5% de outros minerais como o grafito, o talco, a mica, a pirita, o cuarzo, etc.
As características do mármore son:
- Os xacementos do mármore aparecen de forma irregular como filóns e máis raramente en capas (estratos).
- Conxuntamente aparecen nestos xacementos grafito, clorita, talco, mica, cuarzo e pirita.
- Para que unha rocha sexa mármore ten que estar composta principalmente por carbonato de calcio, admitíndose algunhas trazas de carbonato de magnesio.
O mármore é moi utilizado tanto na construcción como na artesanía. Pode ter distintos e variados acadados, como son:
Pulido brillo, apomazado, pulido mate ou pulido sen brillo, areado, labrado, serrado, amolado, envellecido, etc.