Son anfibios que teñen o corpo alargado e unha cola, ademais camiñan sobre catro patas cortas de igual tamaño, as cales as manteñen apoiadas no costado e só as utilizan para facer algúns movementos lentos ou para desprazarse pola terra. Tamén teñen a capacidade de rexenerar as patas e a cola.
A pel téñena desnuda e húmeda.
Pola terra camiñan de forma torpe e con ondulacións laterais do seu corpo, en cambio na auga estas ondulacións axudanlles a nadar, propulsanse coa cola.
Son ovíparos e cando acaba o desarrollo do ovo, a maioría de urodelos pasan por un estado acuático como larva.
Durante a súa vida larvaria experimentan a metamorfose, aínda que non é moi complexa, xa que a larva parecese bastante ao adulto na súa forma.
Reprodúcense na auga e non teñen aparato reproductor. Normalmente a fecundación é interna, aínda que hai casos, como a salamandra primitiva, na que é externa.
O seu ciclo de vida empeza na auga pero posteriormente poden pasar a unha forma de vida terrestre. Algunhas veces, os adultos conservan as branquias por falta de desarrollo completo, e neste caso manteñense acuáticos toda a vida.