OS SERES VIVOS DA TERRA


OS PEIXES ÓSEOS

Os peixes óseos son unha superclase de vertebrados gnatóstomos, a de máis recente aparición, a máis rica en especies e a máis importante desde o punto de vista económico, que se caracterizan pola presenza de tecidos óseos no seu esqueleto interno, formado principalmente por pezas calcificadas e algunhas cartilaxinosas.

CARACTERISTICAS:

Pel recuberta de escamas óseas.

Ovíparos, carnívoros e respiran por branquias.

Presenza dun esqueleto interno calcificado ou osificado.

Formado por unha columna vertebral, unha cabeza, as cinturas onde se artellan as aletas torácicas e as pelvianas.

Presentan aletas.



Web feita por Inés Regueira Pena do Centro ARTAI.