De ciencia ...

Canto custa o teu "look"?

A descoñecida pegada ambiental da industria téxtil.
Daniela Añón Noya. Alumna 3º ESO. 2023


O cambio climático é xa unha realidade incuestionable. A comunidade internacional acordou unha serie de medidas para intentar acabar con él. A mellora da eficiencia enerxética, o impulso das enerxías renovables, a movilidade sostible e o consumo responsable son algunhas desas medidas que cada día están máis presentes na nosa realidade. Sin embargo, hai outras medidas que non son tan evidentes, menos visibles, que reciben menos atención pública.
Cando nos preguntan polo noso consumo de auga pensamos na factura, en grifos que gotean ou no número de lavadoras que poñemos ó día. E non nos decatamos de que todo o que nos rodea necesitou do uso da auga para a súa elaboración. A denominada pegada hídrica é un indicador que mide o volumen total de auga doce utilizada para producir os bens e servizos consumidos por un individuo ou unha comunidade, tanto directa como indirectamente.
Seguramente, se preguntásemos a calquera cál é unha das causas máis importantes da contaminación, case ninguén respondería que a roupa. Mais estarían equivocados. A industria téxtil é a segunda causa de contaminación no planeta, ata o punto de que, segundo a ONU, en 2020 a producción de roupa e calzado emitiu un 8,1% das emisiós de CO2 na atmosfera. As emisións de carbono son superiores ás que provocan todos os voos de todos os avións e os envíos internacionais marítimos xuntos.
Pero ademáis das emisións de carbono existe un efecto invisible e pouco coñecido: o consumo de auga.
Sacade a calculadora. ¿Sabedes cántos litros de auga fixeron falta para fabricar o conxunto que levas posto? Vamos facer contas.
Para a elaboración duns pantalóns vaqueiros fan falla 7.500 litros de auga. Para esa camiseta con eslogan ecolóxico entre 2.000 e 4.000 litros e, se a emparellas cunha cazadora, engádelle 5.000 litros. 1.000 litros para a roupa interior é 4.000 para esas zapatillas tan modernas. Sí, sumaches ben, levas postos polo menos uns 20.000 litros de auga.
E as cifras cada vez van a peor. Se no ano 2000 se fabricaban 50.000 millóns de prendas, 20 anos despois fabrícanse o doble. O vertixinoso ritmo de fabricación tamén acelera os hábitos de consumo: o consumidor promedio de hoxe compra un 60% máis de roupa que no ano 2000.
Pero o cambio tamén está nas nosas mans. As principais compañías fabricantes de roupa do mundo firmaron no ano 2019 o Fashion Pact para tratar de reducir ou eliminar o seu impacto no medio ambiente. Pero hai empresas que non necesitan firmar tratados para empezar a dar exemplo. É o caso da
valenciana Jenealogía que traballa para Pepe Jeans, Levi Strauss ou H&M. Jenealogía é xa unha referencia mundial grazas as súas máquinas láser para os vaqueiros, que reducen un 70% do consumo de auga. Máis do 35% dos jeans que se producen anualmente no mundo incorporan xa a tecnoloxía desta empresa
española.
Os fabricantes teñen moito camiño por diante ,pero os consumidores tamén. O principal é mercar con máis conciencia. É unha cuestión de pequenas accións. Compra o que realmente necesitas; tanto menor sexa o noso consumo de novos produtos menor será a nosa pegada hídrica. Repara as prendas ou dónaas se xa non lles das uso. Merca roupa de segunda man e sobre todo, coida a túa roupa, porque agora xa sabes cánto custa e non só son cartos.