De ciencia ...

O mellor regalo para os celíacos este Nadal

Un laboratorio barcelonés descobre un compoñente para permitir ós celíacos comer glute
Daniela Añon Noya. Alumna 3º ESO. 2022


A enfermidade celíaca é un transtorno autoinmune. Aparece cando unha persoa ten unha intolerancia alimenticia ó glute.
Glute é o nome xeral das proteínas que se atopan no trigo, o centeo, a cebada e outros cereais.
O corpo das persoas con enfermidade celíaca non poden absorber nutrientes importantes. Se esto ocorre, a persoa pode sufrir malnutrición.
Algún dos síntomas que poden presentar os enfermos son: estrinximento, diarrea, pérdida de peso, cansazo, ou dores de cabeza entre outros.
A celiaquía é unha enfermidade crónica que soe aparecer en individuos cunha predisposición xenética. O sistema inmunolóxico das persoas con celiaquía recoñece o glute como dañino e pon en marcha reaccións que lesionan os tecidos do instestino delgado, provocando unha serie de síntomas e problemas de saúde a corto e largo plazo.
O tratamento é unha dieta libre de glute durante toda a vida. É importante limitar a contaminación cruzada; incluso as migas que conteñan glute poden provocar síntomas e inflamación intestinal. Ademáis, pode que conteñan glute algúns medicamentos e artigos non alimentarios como o champú e a maquillaxe, pero estos non son nocivos salvo que se consuman.
Ata agora os pacientes con celiaquía estaban condenados a unha vida a dieta, pero as investigacións do Instituto de Bioloxía Molecular de Barcelona (IBMB) do CSIC están a punto de cambiar iso. O investigador Xavier Gomis-Ruth lidera unha investigación que continúa un traballo da Universidade de Calgary. Os canadienses viron que "o zume dixestivo" da planta Nepenthes ventrata podería ser útil para combater ós efectos adversos do glute no organismo. A aportación dos españois consistiu en atopar cal é o compoñente concreto que o fai posible. Chámase neprosina e é capaz de cortar proteínas e péptidos tóxicos que non podemos cortar co noso sistema dixestivo. O obxectivo final é intentar facer unha pastilla que se tomaría un cuarto de hora antes de comer o glute e iso sería o equivalente a unha dieta sen glute. Este avance científico suporía acabar coas dificultades para planear saídas a restaurantes, aforrar nos carísimos produtos para celíacos ou poder desfrutar dunha pizza con todo o seu sabor. Todo isto grazas a unha planta que se pode atopar fácilmente nas tendas e que, ademáis de servir para acabar cos molestos insectos, pode ser a solución para esta enfermidade crónica.
Se sofres da enfermidade celíaca como o 1% dos europeos, apunta ben o nome da Nepenthes ventrata, pois pode acabar sendo a túa flor favorita.