Os recursos naturais son bens, materia e enerxía, que proporciona a natureza sen intervención humana, tanto para as súas necesidades como para as actividades económicas. Estos recursos son imprescindibles, sin embargo, algúns destes bens poden chegar a desparecer pola súa inadecuada planificación e organización. Os recursos naturais clasifícanse en renovables e en non renovables.
En primeiro lugar, temos os recursos renovables que son os que se obteñen da natureza e son inesgotables, xa que se poden rexenerar naturalmente, dunha forma máis rápida á do cosumo. O seu aproveitamento provoca unha afección moi baixa ao medioambiente e non se xeneran residuos. Débese realizar un consumo responsable xa que un mal uso pode poñer en peligro a súa capacidade de renovación natural. Exemplos de este tipo de recursos son a enerxía solar, que deriva do sol e grazas a ela obtemos electricidade e calor; a enerxía eólica, que provén do vento e xorde da transformación do movemento dunhas turbinas en electricidade; a hidráulica, derivada do movemento da auga que se transforma en enerxía eléctrica; e a xeotérmica, que procede da calor interna da Terra, e é similar á solar.
Por outro lado están os recursos non renovables, que tamén ofrece a natureza pero que non se poden repoñer, unha vez esgotados non haberá máis dispoñible para o futuro, xa que se forman mediante procesos moi lentos que poden chegar a tardar miles de millóns de anos. Utilízanse como fontes enerxéticas e materias primas. Os máis utilizados como fontes de enerxía son os combustibles fósiles (o petróleo, o carbón e o gas natural). Como fontes de materia son os minerais e as rochas (o granito ou a pedra caliza).
Hai que ter un pouco máis de conciencia de cómo tratamos e coidamos dos recursos naturais, darlles un bo uso, xa que son unha fonte de vida que contribúen no benestar e no desenvolvemento. Ademais, nos non renovables está presente un risco provocado pola súa combustión, que xenera contaminación debido ao desprendemento de gases e partículas e a gran cantidade de CO2 que se emite á atmosfera, dando lugar ao cambio climático.
Carbón. Un recurso non renovable