De opinar ...

A Voz de Artai

A revolución dos caraveis chega a Carballo e zonas limítrofes.
5º de Infantil. 2022


Despois da intensa xornada de manifestación acontecida o día do Pai, as nenas e nenos de Carballo e zonas limítrofes organízanse novamente para tomar as rúas o día da Nai. Ao berro de “Gústanme os teus mimos, mamá. Quero máis!” percorrerán todos os recunchos do municipio despois da xornada escolar.


Dentro do programa de actividades destaca a recreación histórica da famosa Revolución dos Caraveis de Portugal onde a rapazada levará un caravel para regalar ás súas nais. Unha homenaxe para reivindicar que eles e elas están a florecer grazas ao seu coidado e cariño.


Terá lugar unha vixilancia policial sen igual para ter control da situación, pero non cabe dúbida que os mimos inundarán toda a comarca. Pedimos ás nais que se preparen e tomen as medidas necesarias. Moita sorte!