As nenas e nenos de Carballo e zonas limítrofes están en pé de guerra. Cansados de non poder dar bicos e abrazos a moreas debido á pandemia, organizáronse para facer unha manifestación o 19 de marzo. Están fartos de conter todo o seu amor. Ao grito de : "Os meus mimos curan todo, úsaos", percorrerán as rúas da nosa vila.
Todo apunta a que a medida que avance o día as crianzas volveranse potencialmente máis perigosas, sobre todo, despois da xornada escolar.
Coidado cos seus poderes máxicos porque só cun biquiño no aire as persoas quedan enfeitizadas. Algunhas fontes afirman que o seu meigallo afecta á figura masculina que máis queren (pai, avó, padriño, ...)
Se isto é certo, que nos depararán as nosas crianzas o día da nai?
Moita sorte e feliz día!