FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO PARA O CURSO 2020-2021

A orde de 12 de maio do 2020 (ver DOG de 20 do maio) regula a participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria, e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria, Secundaria e E.E.

Pódense recoller os impresos de solicitude (Anexo I) nas oficinas do centro en horario de 10 a 13 horas. Tamén se poderán descargar nesta mesma web premendo AQUÍ.

Recordámoslles que procederemos á recollida de libros do 10 ao 20 de xuño.
Os libros deberán entregarse dentro dunha bolsa cos datos do alumno no exterior pois deben pasar por unha fase de cuarentena. Agradeceríamos que veñan nunhas condicións axeitadas para poder ser empregados por outros alumnos no vindeiro curso.

Actividades

Consultar as fichas de actividades que os profesores propoñen para estes días nas diferentes materias e revisar o diario web da clase. Para aclarar dúbidas contactar por correo electrónico cos profesores. Consultar o listado de correos a través do enlace da parte inferior.
ÁNIMO! Seguimos traballando.



Información

Para aclarar calquera dúbida, as familias poden informarse a través de calquera dos medios habituais do centro: teléfonos, correo electrónico ou esta mesma web.
Moitas gracias.
O equipo directivo.

Teléfono: 981 703 260 | 981 757 249
Correo: cpr.artai@edu.xunta.es