De ciencia ...

O mellor amigo do ciruxán

Como os robots cambiaron a ciruxía
Hugo López Varela. Alumno de 3º ESO. 2025


Como todo na actualidade, a cirurxía tamén evoluciona a un ritmo vertixinoso. Unha persoa fai 20 anos estaría case desauciada por padecer un cancro de pulmón inoperable, e hoxe en día pode entrar no quirófano pensando no que vai cear esa mesma noite cando chegue á casa.
Neste enorme cambio de posibilidades xogan un papel moi importante os robots cirúrxicos, máquinas super tecnolóxicas que permiten aos cirurxáns realizar intervencións mínimamente invasivas que serían impensables antes da súa aparición.
Dende 1983, con aquel primeiro "Arthrobot" desenvolvido e empregado por primeira vez en Canadá para unicamente mover a perna do paciente mediante ordes de voz do cirurxán, ata o actual "SHURUI", considerado o robot médico máis avanzado do
mundo e que permite operar o tórax a partir dunha incisión de 2 cm grazas a que está construído cun material chamado nitinol ( unha aleación de níquel e titanio) ao que debe a sua flexibilidade, foron moitos os modelos creados para intentar solucionar as carencias de cirurxía tradicional. Na última década a cirurxía sufríu unha gran transformación grazas á incorporación da tecnoloxía robótica, chegando a ser estas máquinas unha ferramenta esencial nos quirófanos de todo o mundo.
Con todo, o emprego destes robots cirúrxicos plantea desafíos. A formación e a experiencia son indispensables para unha efectiva utilización dos mesmos. Ademáis o elevado custo impide un acceso xeral e igualitario para todas as rexións.
Así pois, vendo as enormes posibilidades e beneficios que nos ofrece esta tecnoloxía, expónsenos o enorme reto de intentar facela chegar a todas as partes do mundo e ás persoas que o precisen, independentemente do seu poder adquisitivo.