De libros ...

Hijos de un tiempo perdido

A búsqueda das nosas orixes nas excavacións de Atapuerca
Xabier Fraga. Profesor. 2011

O libro.
Un percorrido pola evolución dos homínidos ata os nosos días, indagando nas causas que levaron ós nosos ancestros máis antigüos a converterse no que somos hoxe en día, unha especie que domina o planeta grazas a súa capacidade de crear tecnoloxía. No libro tamén destacan as excelentes ilustracións de Dionisio Álvarez que axudan a comprender mellor as claves desta evolución. Mencionar tamén a colaboración da galega María Martinón Torres, membro do Equipo de Investigación de Atapuerca dende 1998 e actual directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana.

O autor.
José Mª Bermúdez de Castro é codirector dos xacementos de Atapuerca en Burgos. Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica no ano 1997. Actualmente é Co-director e Investigador Principal das excavacións e investigacións dos xacementos de Atapuerca. Ten publicados varios libros e numerosos artículos nas máis prestixosas revistas científicas internacionais.



Portada del libro

Portada del libro

José Mª Bermúdez de Castro

José Mª Bermúdez de Castro